Remata o prazo de candidaturas para a xestión da cafetería do Auditorio de Galicia

0

Compostela, 7 de agosto do 2017 – O vindeiro día 11, o próximo venres, remata o prazo de  presentación de candidaturas para a xestión da cafetería do Auditorio de Galicia.

As obras acometidas polo Consorcio de Santiago para a mellora das instalacións e a revisión das condicións de adxudicación do servizo por parte do Auditorio,  procuran conformar unha oferta accesible e atractiva para as persoas e empresas hostaleiras solicitantes.

O prego de licitación, publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o mércores 12 de xullo, establece como requirimentos económicos o pago dun canon anual mínimo de 5.000 euros e o compromiso cun investimento non inferior a 25.000 euros.  

Trala análise e valoración das candidaturas, o importe final do contrato será o que resulte da aprobación da proposta seleccionada. Amais da oferta económica que os solicitantes realicen para acrecentar estes mínimos, os criterios de valoración das candidaturas terán en conta outros elementos vencellados ao modelo de negocio e a súa viabilidade económica. Entre eles, inclúense o tipo de oferta gastronómica, o calendario e horarios de apertura, o cadro de persoal, o plan de mantemento e conservación das instalacións, a observancia de certas pautas medioambientáis e as actividades culturais e extraordinarias previstas polas persoas e empresas candidatas á xestión.

A contratación de persoal para dar conta das tarefas e funcións descritas no plan de explotación da cafetería do Auditorio dependerá exclusivamente do beneficiario da concesión., así como a súa xestión e as responsabilidades que dela se deriven en materia fiscal, laboral, de seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo.

As bases fixan un período de execución do contrato de 10 anos que poderán ser prorrogados por dous máis ate un máximo de 12 anos en total.

As candidaturas deben ser presentadas no rexistro do Auditorio de Galicia e pode atoparse máis información na Oficina Virtual do Auditorio de Galicia.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies