Xesús Rábade fala de María Victoria Moreno nos Luns do Ateneo

0

Compostela, 13 de maio do 2018 – O Ateneo de Santiago celebra o Día das Letras Galegas dedicando este luns a María Victoria Moreno, escritora homenaxeada en este 2018, da que falará Xesús Rábade Paredes.

A conferencia de Xesús Rábade leva por título “A miña relación con María Victoria Moreno” e desenvolverase como sempre ás 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, con entrada libre ata completar o aforo.

Xesús Rábade Paredes, natural de Seixas-Cospeito (Lugo), é Catedrático de Lingua e Literatura e autor do libro María Victoria Moreno e a súa obra. Conferenciante, poeta, narrador, ensaísta, articulista e tradutor, promoveu con outros escritores o colectivo de renovación poética Cravo Fondo (1977). Á parte do seu fecundo traballo individual, colaborou con Helena Villar Janeiro en varios proxectos creativos e didácticos e o seu nome figura en numerosas obras colectivas.

Actualmente vive entre Santiago e Rianxo e conta cun dilatado labor poético, recoñecido cos premios Manuel Antonio, Galicia, Esquío e González Garcés, entre outros. En narrativa, recibiu o Ateneo de Moaña, o Galicia da Universidade de Santiago, o Álvaro Cunqueiro, o Lueiro Rey e o Blanco Amor. Entre o seus poemarios destacan Matria de sombra, Poldros de música, Os dedos dos loureiros e Sobre ruínas, distinguida pola Asociación Galega de Editores como mellor libro do ano 2013, e entre as súas novelas, A terra prometida, Branca de Loboso e Mentres a herba medra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial