XI DesOrdes Creativas en Ordes

0

Ordes, 5 de agosto do 2018 – Dende mañá luns e ata o domingo 12 de agosto terá lugar a undécima edición do festival de arte urbana DesOrdes Creativas.

DesOrdes está organizado polo colectivo Mutante e nesta ocasión o cartel de artistas participantes está composto por Animalito Land (Arxentina), A.L. Crego (Galicia), Lidia Cao (Galicia), Minia Regos (Galicia) e Miguel Peralta (Almería), Durante toda a semana encherán distintos espazos públicos a pé de rúa cos seus murais e creacións plásticas. Os lenzos a empregar serán as  fachadas de vivendas e valos cedidos pola propia veciñanza ordense.

Paralelamente desenvolveranse toda unha serie de actividades e citas dirixidas ao público interesado na arte urbana que comezan o mércores, 8 de agosto, cunha exhibición de grafitti que Mon Devane ofrecerá na alameda. Xoves e venres, 9 e 10 de agosto, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas Mon Devane ofrecerá de balde unha master class sobre o retrato con aerosol. As persoas interesadas deberán inscribirse ata o vindeiro martes a través do correo electrónico  info@mutantecreativo. Nel deberán indicar os seguintes datos: Master Class con Mon Devane (asunto); nome e apelidos; teléfono e mail de contacto; formación e link a portfolio, instagram, web, blog, etc.

O sábado 11 haberá un obradoiro gratuíto de pintura mural, para nenos e nenas de 6 a 12 anos,  de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. A inscricións pode realizarse ata o xoves día 9 a través do correo electrónico info@mutantecreativo. Deberán indicar os seguintes datos: Obradoiro con Iria Fafian; nome, apelidos e idade; teléfono e email de contacto do pai, nai ou titor.

Exhibición de celograff con Nove Noel. Parque da Constitución, o sábado día 11, durante todo o día. Roteiro guiado e de balde para ver os murais de edicións anteriores. Sábado día 11 de 19 a 21 horas. Saída dende o parque da Constitución.

Desordes Sonoras

Ademais de todas estas actividades o sábado, a partir das 22 horas, no parque da Constitución terá lugar unha nova entrega do festival DesOrdes Sonoras. Unha cita musical que traerá ata Ordes ás seguintes bandas: Hermanos L, Boyanka Kostova, Mounqup e SSSSekone.

Organizado polo Concello de Ordes esta iniciativa está cofinanciada pola Deputación da Coruña, patrocinada por pinturas Proa e Loxam Hune. Tamén conta coa inestimable colaboración de Mutante (arte, deseño e comunicación).

Como nace un graffiti?

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies