займ срочно

A XII Feira do Románico de Negreira ábrese do 24 ao 26

0

Negreira, 28 de xullo do 2018 -A finais de xullo era presentada a decimo segunda edición da Feira do Románico de Negreira que este ano terá lugar do 24 ao 26 de agosto, adiantándose unha semana as datas habituais.

O cambio de data da Feira do Románico obedece as recomendacións da empresa organizadora tal e como explicaba o alcalde Jorge Tuñas (na imaxe superior)

Na doceava edición seguirase intentado coidar a ambientación ao máximo aínda que é algo que non depende só da organización se non que require da implicación de todos

Outra das teimas dos últimos anos foi a convivencia entre veciños, hostaleiros e artesáns. Os que o último ano tiveron unha peor actitude xerando ruído e molestias non contarán en esta edición co apoio do concello

A Feira

Para quen queira coñecer o municipio baixo tan traballado ambiente, a organización está a deseñar un completo programa de actividades e espectáculos para todas as idades, que abarcan desde obradoiros a música en vivo pasando por unha ampla variedade de actividades lúdicas. Entre os maiores atractivos da feira destaca o mercado, que se espera que creza en número de participantes, pero tamén haberá representacións teatrais, pasarrúas con seres doutras épocas, ademais da presenza de grupos de música encargados de poñer banda sonora á feira e que asegurará o bo ambiente. Dende o Concello animan a todos os veciños  que empecen a elaborar os seus traxes medievais e  que eses tres días se vistan e  colaboren con este evento para que cada ano medre en popularidade.

Descarga xa o programa completo

programa feira do romanico

Wyrdamur será un dos grupos invitados a XII Feira do Románico de Negreira

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies