XII Premio ciclista San Isidro en Rois

0

Rois, 9 de maio do 2018 – O concello de Rois acollerá o próximo sábado a duodécima edición do Trofeo ciclista San Isidro que serve cada ano coma homenaxe ao corredor Suso Blanco Villar.

No Trofeo San Isidro participarán corredores das categorías júnior e master. Comezará as dez da mañá  fronte á casa do concello de Rois. O circuíto, moi esixente, percorre os lugares de  Antequeira, A Pontenova, Oín e Samil e o número de voltas variará según a categoría.

O trofeo homenaxea cada ano a Suso Blanco Villar, veciño e corredor que nos anos 80 e 90 gañou varias etapas da Volta a España e incluso vestir durante algunha xornada o xersei de lider. Actualmente é o director deportivo do Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo, desde o que promove a novas figuras deste deporte. É precisamente o C.C.Padronés o organizador da carreira, coa colaboración do Concello de Rois e da Deputación da Coruña, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta e Abanca.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial