XIII Concurso Touro en Imaxes

0

Touro, 9 de setembro do 2018 – Os afeccionados á fotografía teñen ata o 9 de novembro para presentarse ao XIII Concurso de Fotografía Touro en Imaxes, que organiza cada ano o Concello de Touro.

O  prazo de entrega en Touro en Imaxes abriuse o pasado 20 de xuño. A cita coa fotografía consta de dous apartados na categoría de adultos (maiores de 18 anos): Premio Natureza e Premio Patrimonio Histórico-Cultural. Cada apartado está dotado cun premio de 300 euros. Pola súa banda, a categoría xuvenil (entre 12 e 18 anos) ten tamén ambas categorías pero en este caso o premio será unha cámara de acción deportiva.

O Concello de Touro explica que o obxectivo do concurso é “contribuír á creación artística, fomentar a divulgación da fotografía e promocionar os recursos naturais e histórico-culturais do municipio”. Poderán participar todas as persoas físicas que cumpran o establecido nas bases. Cada autor ou autora poderá presentar un máximo de catro obras, que deberán ser orixinais, recentes e inéditas. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor.

Primeiro premio de natureza 2017 , categoría xuvenil, autora: Yandira Elena López

O propio Concello de Touro exporá as fotografías gañadoras e tamén as dos demais participantes. Un xurado composto por cinco persoas será o encargado de valorar, estimar e determinar os traballos presentados e elexir aos gañadores. A súa decisión será inapelable. Os traballos pasarán a formar parte dun arquivo creado para uso municipal. Os interesados en presentarse no concurso poden consultar as condicións da convocatoria en www.concellodetouro.com.

Os profesionais e afeccionados que participen poderán presentar os seus traballos no rexistro do Concello ou enviando as obras por correo certificado nun sobre pechado ao seguinte enderezo: XIII Concurso de Fotografía Touro en Imaxes. Concello de Touro. Rúa Isabel II, 26. Fonte Díaz. 15822. Touro. A Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial