займ срочно

XIII Premio De Novela Europea Casino de Santiago

0

Compostela, 9 de xullo do 2018 –  Ata o 12 de xullo está aberto o prazo para que os veciños de Compostela voten no XIII Premio De Novela Europea Casino de Santiago.

Na presentación do premio participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que é tamén membro do xurado. García valorou “a orixinalidade dun premio que implica a toda a cidadanía na lectura e que lles fai xustiza aos autores galegos ao poñelos en paralelo cos máis relevantes da Unión Europea”. Na rolda de prensa participaron así mesmo Ubaldo Rueda e Maribel Martín, presidente e secretaria, respectivamente, do Casino compostelán.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participará na rolda de prensa de presentación da apertura do prazo de votacións do XIII Premio de Novela Europea Casino de Santiago

Participación cidadá e europeísmo

O premio pretende promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo toda a cidade de Santiago en xurado que recoñece escritores de países da Unión Europea (UE). Para conseguilo, a comisión de selección está formada por tres seccións: a sección A, que será a que vote entre o 6 e o 12 de xullo, ten un peso do 30% na decisión final e intégrana todos os residentes, estudantes e persoas que desenvolvan a súa actividade profesional na capital de Galicia; a sección B, cun peso do 20%, inclúe todos os socios do Casino e a sección C, cun peso do 50% está formada por representantes de distintos estamentos da cidade. A esta última pertence o Secretario Xeral de Política Lingüística.

Entre todos deben elixir unha das cinco novelas de países da UE que previamente foron seleccionadas por unha comisión de expertos: ‘O último día de Terranova’, de Manuel Rivas; ‘Cicatriz’, de Juan Gómez-Jurado; ‘Valor’, de Clara Usón; ‘Expo 58’, de Jonathan Coe, e ‘La guitarra azul’, de John Banville.

As persoas interesadas poden depositar o seu voto ata o 12 de xullo no Casino de Santiago e na libraría do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), situada na planta baixa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies