займ срочно

Xincana lingüística para os nenos da Mancomunidade de  Ordes

0

Bisbarra, 11 de xullo do 2017 –   O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes vén de poñer en marcha  o seu obradoiro estival de lingua galega que está a levar por todos os concellos que a forman.

Trátase dunha iniciativa lúdica e didáctica a través da que se quere estimular entre os nenos e nenas de 6 a 12 anos actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego, ampliar as habilidades de comunicación oral en lingua galega, o vocabulario relacionado co deporte e incidir no uso do galego nas actividades deportivas.

Ao longo de xullo e agosto, e en colaboración cos departamentos de Cultura de cada municipio, o SNL da Mancomunidade de Ordes desenvolverá unha xincana lingüística para poder traballar sobre os ditos obxectivos. Os primeiros en disfrutar con esta iniciativa foron os rapaces e rapazas de Mesía, localidade na que se xuntaron máis de 40 participantes. Hoxe  martes a iniciativa chegara ao concello de Trazo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies