Presentouse en Compostela a XIV Festa da Filloa da Pedra da Baña

0

Compostela, 22 de febreiro do 2017 – O Concello da Baña e a Asociación Filloas da Pedra da Baña organizan o vindeiro 12 de marzo a XIV Festa da Filloa da Pedra.

A Festa serve para exaltar un produto típico do Val de Barcala que conta con máis de catro séculos de antigüidade, que foi pasando de xeración en xeración, segundo explicou en rolda de prensa o alcalde, Andrés García Cardeso

O alcalde tamén destacou a dificultade de este produto e as actividades que se desenvolveran ese día

De esquerda a dereita: Arita Pais, Andrés García Cardeso, Alba Losada e Mónica Tomé

Este ano, trinta mulleres e homes atenderán as 40 pedras de 50×50 cm que o segundo domingo de marzo levaranse ata o polideportivo de San Vicenzo para elaborar unhas 5.000 filloas cos preto de mil litros de amoado que elaborarán os membros da Asociación.
O mesmo domingo, disputarase a I Ruta BTT da Filloa da Pedra e haberá diferentes actuacións musicais e campionatos.
Esta exaltación gastronómica foi presentada no Hostal dos Reis Católicos, nun acto no que, ademais do alcalde, tamén falou Mónica Tomé Rey secretaria da Asociación

Arita Pais Salvande, unha das filloeiras de maior idade da Baña

e Alba Losa Landeira, de quince anos, quen aprendeu esta secular tradición da man da súa avoa

Mentres se explicaba o programa e esta tradición típica da Baña, unha muller atendía as dúas pedras na que facía filloas para que os asistentes as puidesen degustar.
A Festa da Filloa da Pedra da Baña organizouse por primeira vez en 2004. Tres anos máis tarde creouse a Asociación Filloas da Pedra da Baña, que na actualidade conta con 25 socios e socias, segundo explicou a súa secretaria, Mónica Tomé Rey.
AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES ARREDOR DA FILLOA
A Festa da Filloa da Pedra enmárcase dentro das actividades do Entroido na Baña, que comeza o 4 de marzo co concurso de disfraces, no que se repartirán 1.700 euros en premios. Este ano contará, por primeira vez, coa categoría de carrozas, nun desfile que comenzará ás catro da tarde na praza do concello.
(máis información sobre as bases neste enlace: http://bit.ly/2lGQkd3
O 12 de marzo, o programa de actos da XIV Festa da Filloa da Pedra comezará ás 10.00 horas coa saída da I Ruta BTT da Filloa da Pedra que organizan o Concello da Baña e o Club Ciclista de Negreira, sobre un percorrido de 42 quilómetros por pistas forestais dunha dificultade media. A proba está aberta a todos os ciclistas federados maiores de 15 anos e a aqueles que tramiten a licencia federativa dun día.
Ver regulamento neste enlace: http://bit.ly/2ldDoxI
Formulario de inscrición neste enlace: http://bit.ly/2lmOCyv
Mentres os ciclistas percorren o concello, no polideportivo de San Vicenzo unhas trinta persoas, homes e mulleres, atenderán as 40 pedras dun mínimo de 50×50 centímetros nas que se farán as filloas que poderán degustar as miles de persoas que a organización agarda se acheguen ata A Baña. Xunto a eles, outros trinta colaboradores, mozos e mozas, axudarán a que a festa se desenvolva con normalidade.
Ao mediodia actuará o grupo de gaitas Os Campantes, da Baña, e a unha da tarde leerá o pregón da festa o Presidente da Fundación Down Compostela, Juan Jesús Martínez López.
A charanga Os Celtas actuará as 15.30 horas, ao mesmo tempo que darán comezo diferentes campionatos de chave e tiro con arco (para os adultos) e de tiro con arco, dardos e zancos para os máis cativos.
As cinco da tarde haberá animación musical infantil, e ás seis e media a orquestra Suavecito porá o último toque musical desta XIV Festa da Filloa da Pedra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial