A XIV Foliada encherá Melide de actividades esta fin de semana

0

Melide, 25 de abril do 2018 –  O Concello de Melide acolleu a presentación da XIV edición da Foliada, nunha rolda de prensa que tivo lugar no salón de Plenos e onde a alcaldesa de Melide, Dalia García, estivo acompañada por Miguel Varela e Laura Ferreiro da Asociación O Castelo, principal organizadora.

Na presentación da foliada a alcaldesa melidense amosou o seu agradecemento á Asociación  Cultural e Musical O Castelo “polo seu duro traballo para sacar adiante unha programación como a que nos presentades, chea de novidades e coas últimas tendencias da música tradicional que chegarán a Melide esta próxima fin de semana”. Ao tempo, tamén explicou que “dende o Concello de Melide asinamos un convenio de colaboración que ten unha partida de 4.000 euros, para que, a maiores de axudar con todos os nosos medios técnicos e humanos na organización da Foliada tamén o facemos economicamente. Somos coñecedores de que xa existen locais de hospedaxe da nosa vila que non teñen sitio para aloxarse durante esta fin de semana, non podo máis que felicitarvos pola continuidade desta iniciativa que dinamiza a nosa vila durante a última fin de semana de abril”.

Miguel Varela e Laura Ferreiro, explicaron a programación completa da Foliada 2018 aos medios de comunicación e fixeron especial fincapé na colaboración dos establecementos locais que un ano máis volcaronse coa organización. Miguel Varela, explicaba que “a foliada ten aínda para onde tirar, polo que seguimos con folgos para que cada ano medre máis, sempre tendo presente o obxetivo co que naceu, un encontro entre persoas  de todas as idades que poñen en valor a música tradicional con actividades diversas”.

Foliada 2018

A Foliada 2018 comezará o venres 27 de abril coa actuación na Casa da Cultura de Bruno Villamor, onde presentará o seu traballo O Gaiteiro de Santo Xusto. Xa durante a xornada do sábado a animación de rúa chegará a Melide para quedar durante todo o día. Celebrarase a décima edición do Concurso de Cantos de Taberna na zona dos viños, diferentes obradoiros, o tradicional será con grupos da contorna e o peche de xornada poñerano as actuacións de Banda das Crechas e The Turre´s Band.  Durante o domingo, sucederanse diferentes actividades culturais e actuacións musicais  así como tamén entregaránse os premios do concurso de debuxo Xente Cativa, co que se pretende involucrar aos máis pequenos na festa, tamén está programada unha actuación infantil.

A xornada dominical rematará coa actuación conxunta de Odaiko&Vanesa Muela, unha fusión de música galega e castelá, primicia en Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial