XIX Xuntanza de Bandas de Música e encontro folclórico en Ordes

0

Ordes, 4 de agosto do 2018 – A música e o folclore serán os pratos fortes desta fin de semana en Ordes, no que se refire á programación cultural organizada polo Concello baixo o selo Unha viaxe pola cultura.

Ás 20 horas de hoxe sábado dará comezo a XIX Xuntanza de Bandas de Música de Ordes. Como de costume todas as formacións realizarán un pasacalles ata chegar á alameda, onde darán o seu recital. Nesta ocasión, ademais da formación local, tamén actuará a Banda de Música Santiago de Arteixo.

Mañá domingo á mesma hora e no mesmo lugar celebrarase Xuntanza folclórica. A música e o baile galego virán da man das asociacións Camiño Real de Poulo, Veciños de Leira e Sementes da Arte. O cartel tamén inclúe a actuación do grupo de pandereteiras Somos Nós.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial