Silleda, 10 de xuño do 2017 – Este ano a Semana Verde de Galicia cumpre 40 edicións, o que xa de por si ten mérito, pero ademais faino mellorando cifras e cun horizonte de esperanza sobre o futuro da feira.

Moitos dos que traballan na Semana Verde de Galicia non naceran cando comezou o periplo da feira agropecuaria mais importante da comunidade e, durante moitos anos, unha das máis importantes de España.
As autoridades na inauguración do pasado xoves rendían homenaxe a eses corenta anos de distintos modos. Ana Luísa González, representante do concello de Silleda, falaba do esforzo feito por diversificar ao longo do ano a feira e da necesidade de por en valor este traballo

Carlos Font, por parte da Deputación de Pontevedra, lembraba o lema da primeira edición que segue igual de vixente

Remata o acto o presidente da Xunta de Galicia Alberto Nuñez Feijoo que loaba o esforzo ao longo de 40 anos que tiveron momentos moi bos pero tamén outros moi duros e consideraba esta edición o peche dunha etapa coa volta a resultados positivos

Na corenta edición da Semana Verde de Galicia non cambia nada para cambiar todo. Hai máis expositores, máis espazo e máis actividades. A Semana Verde é tamén o salón de turismo Turexpo, o encontro de festas Festur ou o salón de alimentación Salimat. Pero coma sempre é tamén a posta en valor das nosas razas autóctonas, a caza e a pesca pero tamén a maquinaria agrícola ou os vehículos industriais, os concursos e as catas, as polbeiras, o churrasco e a carne ao caldeiro…
Tedes todo na web da Semana Verde así que non deixedes de acudir este ano e os que veñen porque o esforzo que se fai desde Silleda ven o merece e ademais ir a Semana Verde e decatarse, por si non o souberamos, do moito e bo que temos en Galicia.
Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies