займ срочно

XLVI Festa do Salmón da Estrada

0

A Estrada, 16 de maio do 2019.- A Estrada servirá nos vindeiros catro días un total de 48 variedades e receitas de salmón entre a Ruta Degustación de Tapas e a degustación popular tradicional do día grande do certame, que este ano será este domingo 19.

Onte eran presentadas as actividades da 46ª Edición da Festa do Salmón, declarada de Interese Turístico de Galicia. O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, e Adriana Abelleiro, en representación da Asociación de Hostalaría da Estrada, foron os encargados de presentar o evento do que o escritor, profesor e crítico literario mindoniense Armando Requeixo será o pregoeiro. os Salmóns de Ouro imporanse ao citado pregoeiro, ao ex presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) Luis Reimóndez, a título póstumo, á asociación Codeseda Viva e á empresa Hijos de Rivera. Este acto institucional terá lugar, como é habitual, o domingo ás 12.00 horas, xusto antes da degustación popular, que acollerá as creacións dunha decena de establecementos no Novo Mercado e a súa contorna.

O resto do programa, que conta cun total de 25 actividades, arranca hoxe coa Ruta Degustación de Tapas. Os locais distribúense por días e nesta primeira data servirán a tapa Argentinos Burguer, Boliche, Bodegón, Velis Nolis, O Paseo, As Tres Portiñas, Os Peares, Val Fresco e O Asador de Leo. O venres tocaralle a quenda a O Lar, Acapulco, Bombilla, Nixon, Samaná, Come, Bebe e Cala, Navegación, O Candil e Enredo e finalmente o sábado pecharase con Gran Vía, Oasis, Don Juan, Eureka, O Café de Xulia, Andalucía, Vasan, Amadeus, Mesón da Estrada e Nicol´s.

Finalmente, recalcouse que a ampla programación, que contempla actividades culturais, deportivas, infantís e de lecer, conta cunha xornada de xogos, malabares e circo de rúa para os cativos o sábado pola tarde e os concertos de Teo Cardalda con músicos locais nunha Festa Movida Anos 80 o xoves 16 na Zona dos Viños; de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre o venres 17 na Praza do Concello; e de Iván Ferreiro na noite de vésperas do día grande do Salmón, o sábado 18, tamén na Praza do Concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies