займ срочно

Concerto dos galeses Xogara no Terraço do Pichel

0

Compostela, 7 de agosto do 2017 –  Unha cita máis para sumar a xornada do luns e moi interesante xa que nos trae a música anglo, galesa, galega de Xogara

A cita será as nove da noite no Pichel, na rúa de Santa Clara. O concerto será no terraço e o acceso e para todo o mundo xa que o que se pide é a vontade, sede xenerosos que o grupo o merece.

Xogara é unha formación integrada por :

Siriol Davies – voz e oboe.

John Ruddock – guitarra, bouzouki e voz.

Jo Hamilton – frauta traveseira e saxo soprano.

Mano Panforreteiro – low whistle e gaitas galegas.

Xogara teñen un estilo acústico e multi-instrumental, mesturando  a música tradicional e contemporánea de todas as Illas británicas.

Con este concerto a Gentalha do Pichel inaugura o ciclo “Concertos no terraço do Pichel”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies