займ срочно

Compostela renova a área de xogos infantís do barrio de Vite

0

Compostela, 16 de xullo do 2018 – O barrio de Vite conta xa cunha renovada nova área de xogos instalada no Parque de Pablo Iglesias.

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitou a zona renova que supuxo un investimento de case 80.000 euros. O concelleiro explicou que o parque infantil de Vite “estaba moi deteriorado e era preciso renovar os seus elementos de xogo”.  A área de xogos, dunha superficie de 450 metros cadrados, está pensada para ser utilizada por ata un cento de nenos e nenas de xeito simultáneo, “nunha zona da cidade na que hai moita poboación infantil”. O edil indicou que se fixo unha renovación integral de todos os elementos, “colocándose céspede artificial en forma de trevo e co obxectivo de que sexa accesible e integrado co parque Pablo Iglesias”. Os novos elementos están situados preto das pistas deportivas e da área biosaduable co fin de que poida ser usado pola veciñanza de distintas idades.

O elemento principal do parque é un xogo combinado accesible para nenos e nenas con mobilidade reducida, no que hai paneis lúdicos e xogos de equilibrio situados ao nivel do chan, dous tobogáns, tubos de bombeiros e trepas inclinadas. Ademais, instaláronse tres randeeiras, unha delas tamén inclusiva, e dous carruseis xiratorios, un deles accesible para cadeira de rodas. O chan do parque é de céspede artificial, e a intervención incluíu a instalación de novo mobiliario urbano.

Outros parques

Xan Duro anunciou que as vindeiras actuacións están previstas no parque de Alexandre Bóveda, no parque infantil do CSC da Pontepedriña, no parque da praza de León e no parque de Lamas de Abade. Dende 2015 renováronse de forma integral, ademais do de Pablo Iglesias, os parques de Ofelia Nieto Outeiro de Sar (con cargo aos orzamentos participativos Compostela Decide) e construíuse o novo parque de Galeras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies