займ срочно

Xornada de iniciación ao piragüismo na praia fluvial de Tapia

0

Ames, 13 de xunho do 2019 –  A Concellaría de Deportes de Ames organiza este sábado unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 13:30 horas.

Mediante esta actividade búscase que os participantes que o desexen poidan aprender a dominar unha embarcación para a práctica do piragüismo . A xornada consistirá nunha sesión de portas abertas á que poderán asistir todas aquelas persoas maiores de 7 anos interesadas, sempre e cando saiban nadar. Para participar nesta actividade gratuíta, que non require inscrición previa, hai que levar traxe de baño, unha camiseta e chancletas.

Durante a mañá, os e as participantes aprenderán a subirse a unha piragua, a manter o equilibrio e a manexar as palas para que a embarcación se desprace correctamente. O Concello de Ames conta coa colaboración do Club Piragüismo Ribeiras do Tambre, que se encarga de impartir esta actividade, e da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies