займ срочно

Xornada Festiva no Feito a Man de hoxe sábado

0

Compostela, 25 de agosto do 2018 – O Feito a Man acolle hoxe sábado unha xornada festiva en Martiño Pinario e os concertos de Lola, Cachas&Cousins e The Fabulous Resaca Brothers.

A sesión Vermú do Feito a Man vai por conta de achan & Cousins as 13.30 en San Martiño Pinario. Cachas&Cousins é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014. No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos cales transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady, imprimindo nas actuacións o máximo respecto polas raíces do estilo e buscando un coidado son que se asemelle ao utilizado por grupos da época, con un mimado e enérxico directo que non deixa indiferente a ninguén, apto para tódolos públicos. Nestes anos percorreron a xeografía galega participando en festivais tales como o Outono Codax, Feito a Man, Festival Rúas Vivas de Noia, Ska All Night en Vigo ou Circuíto Paseantes de Pontevedra.

Cachas and Cousins

Pola tarde a festa continúa en este espazo cun obradoiro familiar de escultura en papel, Olalab, a partir das cinco. A festa non para e as 19.00 clase aberta de danzas afrocubanas. A esa mesma hora, as sete, pero en Santo Agostiño tempo para o rock de Lola. Banda composta no 2018. Aínda que de pouco percorrido como formación, os seus compoñentes veñen de grupos con extensas carreiras, como Heredeiros da Crus, Banda Crebinsky o Mojo Experience. A súa proposta musical está baseada nun rock enerxético, cun repertorio composto de temas propios mesturados con covers dos clásicos do rock. Os compoñentes son: Yolanda Martínez, Guillermo Vistoso, Diego Salgado, Manu Rey e Enrique Otero.

The Fabulous Resaca Brothers

A xornada remata cuns clásicos como The Fabulous Resaca Brothers de novo en San Martiño Pinario a partir das dez. Os Resaca Brothers nacen da combinación de dous factores: as ganas de achegar a súa interpreación do xénero á crecente escena de blues compostelá e, por outra banda, as irrefrenables ansias de festa dos seus compoñentes.

Con membros que teñen unha longa traxectoria na música (en proxectos como The Lakazans, Sinestesia, RuxeRuxe ou a Magnifique Banda dos Homes Sen Medo), os Resaca poden non ser o máis purista dentro do blues, pero sen dúbida son do máis canalla e divertido.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies