займ срочно

Xornada Gastronómica dos Augardentes e Licores Tradicionais na  Galiciana

0

Compostela, 27 de maio do 2019 – Éxito da  Xornada Gastronómica dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia celebrada no Mercado La  Galiciana.

O convite dos Augardentes e Licores Tradicionais consistiu en 6 propostas culinarias, degustación de destilados e pratos, ademais dunha queimada con Bagazo de Galicia.

Preto de corenta persoas participaron na cata maridaxe impartida pola vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero. A través das súas explicacións, os asistentes puideron experimentar os matices dos destilados autenticamente galegos.

O presidente do Consello Regulador, José Antonio Feijóo, deu a benvida aos participantes, á vez que os animou a utilizar “destilados autenticamente galegos, xa que son os únicos que contan con todas as garantías de calidade e de orixe”. Do mesmo xeito, ofreceu unhas breves explicacións sobre a versatilidade dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia na gastronomía, xa que achegan “uns exquisitos matices aos pratos”. O presidente do Consello Regulador tamén agradeceu ao “Mercado A  Galiciana que cedese estas estupendas instalacións e que colaborase connosco no desenvolvemento desta Xornada Gastronómica, que esperamos repetir nun futuro próximo”.

A cata comentada deu comezo con dous Bagazo de Galicia con base de uva albariño e  godello para despois continuar cun Bagazo de Galicia envellecido e con Augardente de Herbas. A modo de xogo, os asistentes foron probando distintas maionesas elaboradas con estes destilados autenticamente galegos, á vez que tentaban pescudar que sabores ou matices diferenciados achegan os destilados 100% galegos a estes produtos. A fase de cata comentada finalizou coa degustación de Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia.

A segunda parte da actividade estivo centrada nas maridaxes con pratos elaborados por catro establecementos da Galicia ( Veggie Carmen,  Ollo  Pataca,  Churras  churras e  Siboney  Coffeetruck) e que contiñan entre os seus ingredientes os Augardentes e Licores. As propostas gastronómicas foron as seguintes:

Hummus de Augardente de Herbas de Galicia con  totopos

Hummus con  totopos  maridado con Bagazo de Galicia con base de uva  godello

Patacas cuarteirón con maionesa con Licor de Herbas de Galicia

Patacas cuarteirón con  alioli  maridadas con Bagazo de Galicia con base de uva albariño

Alitas ao Licor Café de Galicia

Chocolate con Bagazo de Galicia envellecido e escuma aromática

Os dous últimos pratos foron as que máis gustaron aos participantes nesta actividade. Non en balde, desde o Mercado A  Galiciana non descartan a inclusión dalgunhas destas propostas na súa carta habitual.

Para finalizar a Xornada Gastronómica dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, ofreceuse o xa consolidado  Xoves de Queimada. Nesta ocasión, a beberaxe foi elaborado con Bagazo de Galicia.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies