займ срочно

Xornada sobre intelixencia e terrorismo este xoves en Dereito

0

O Centro de Estudos sobre a seguridade da USC organiza esta xornada na facultada de Dereito. Será inaugurada polo reitor Juan Viaño.

Santiago de Compostela, 17 de novembro do 2016. A Facultade de Dereito será sede este xoves 17 dunha xornada sobre intelixencia e terrorismo que organiza o Centro de Estudos de Seguridade da USC que dirixe o profesor José Julio Fernández e que inaugurará ás 10.00 horas o reitor Juan Viaño.

A xornada continuará con intervencións, entre outros, do maxistrado do Tribunal Supremo Pablo Lucas Murillo de La Cueva, do director do Instituto Español de Estudos Estratéxicos, Miguel Ángel Ballesteros Martín; do xornalista e analista internacional Miguel Anxo Murado ou o director do Centro Nacional de Inteligencia (CNI), Félix Sanz Roldán.

Entre outras cuestións, tratarán as novas ameazas na seguridade nacional, a opinión pública en relación ao terrorismo ou a importancia para os servizos de intelixencia de coñecer as claves da ideoloxía dos grupos xihaidistas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies