займ срочно

Xornadas Gastronómicas sobre a cabra dentro dos actos Do banquete de Conxo

0

Compostela, 19 de abril do 2018 – Coa presenza da presidenta da Asociación de Hostalería, Sara Ríos, a concelleira de turismo, Marta Lois, e o escritos Henrique Alvarellos, presentáronse as Xornadas Gastronómicas da cabra que forman parte dos actos da Festa do Banquete de Conxo.

En estas xornadas, ata o dia 22, 20 restaurantes prepararán pratos de cabra xa sexa asada ao modo tradicional ou coa receita que prefiran. Os lugares onde tomala son o Paz Nogueira, Mesón Peón II, Fuentes, Los Caracoles, O Bo Xantar, O Muiñeiro, A Casa da Viña, A Nave de Vidán, Gran Hotel Los Abetos, Don Quijote, La Catalina, Pazo de Altamira, Sexto II, María Castaña, Mesón de Lázaro, A Costa da Fonte, Pampín, Caney, Amoado, A Ostrería e Frebas. Cada comensal recibirá de agasallo un exemplar do libro ‘Balada ceibe no bosque de Conxo’, composto por un texto de Henrique Alvarellos.

A concelleira Marta Lois falaba do esforzo do concello por crear unha oferta gastronómica e o apoio a iniciativas como Santiago É Tapas ou as Uñas de San Lázaro, as que agora se suma a Cabra

Sara Ríos explica o bo clima de colaboración co concello e a implicación da Asociación de Hostalería para dinamizar a cidade

Pola súa banda Henrique Alvarellos falaba do libro Banquete Ceibe no Banquete de Conxo do que se editaron 1.000 exemplares que serán agasallados aos que acudan aso restaurantes a degustar os pratos de cabra

Ademais a Asociación Hostelería Compostela organiza un xantar popular que comeza ás 14.30 o domingo 22 na Carballeira de Conxo, onde se celebrou o Banquete de Conxo o 2 de marzo de 1856. Neste xantar repartiranse degustacións de diferentes elaboracións de cabra como produto tradicional non só de Conxo senón tamén de diferentes barrios de Santiago. Os convites para esta degustación xa se poden retirar no Centro Sociocultural de Conxo e en diferentes establecementos do barrio. Ademais, tamén haberá un posto con polbo e bebidas.

A Asociación de Hostalería está ademais a impartir nas súas instalacións un curso de formación a parados arredor do produto gastronómico elixido, a cabra, prato de referencia en Santiago, en concreto nos seus barrios de Conxo, Sar, Pontepedriña, Castiñeiriño, Vidán, Vista Alegre… O curso, que remata este xoves, está sendo impartido polo profesor do escola de hostalería de Lamas de Abade José Quintáns que explica a Lindeiros o segredo para cociñar este produto

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies