Boa participación nas xornadas micolóxicas de Frades

0

Unha vintena de veciños participaron nas distintas actividades organizadas polo concello de Frades

Frades, 3 de novembro do 2016 – Unha vintena de veciños e veciñas tomaron parte na segunda edición das Xornadas Micolóxicas de Frades, celebradas esta fin de semana. Unhas xornadas nas tamén participaron os concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro; Medio Ambiente, Juan Carlos Portos; e Cultura, Jesús Miguel Prado.

O biólogo da USC Martín Souto foi o encargado de abrir as xornadas cunha charla no multiúsos de Cimadevila no que lles expuxo aos presentes as diferenzas entre cogomelos comestibles e tóxicos. Acto seguido, os participantes fixeron unha saída a apañar cogomelos na contorna da capela de San Nicolau.

Tras a busca polo monte, os participantes repuxeron forzas cun xantar-degustación no Restaurante A Coviña, no que puideron degustar varios pratos coas setas como ingrediente principal: empanada de setas, tortilla de patacas con setas, setas con cachelos, setas ao ajillo, guisadas, etc. As xornadas remataron no local social de Ponte Carreira, onde se expuxeron e catalogaron os cogomelos apañados durante a mañá.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial