A música tradicional galega centra as Xornadas Musicais Santa Cecía da ESMU Magariños de Brión

0

Brión, 21 de novembro do 2018 –  A Escola Municipal de Música Magariños organiza a décima edición das Xornadas Musicais Santa Cecía, que este ano estarán dedicadas á música tradicional galega.

Dúas xornadas en conmemoración da festividade de Santa Cecía e que terán lugar hoxe mércores 21 e mañá xoves 22 de novembro na aula 5 da Escola de Música, ás 19:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.

Esta tarde terá lugar unha charla-coloquio sobre “O canto tradicional” ofrecida por Ramón María Vázquez García, profesor superior de canto da Escola Municipal de Música Magariños. A segunda xornada terá lugar o xoves 22 de novembro e fará fincapé en aspectos técnicos, compositivos e históricos da gaita. O relator desta charla coloquio, titulada “A gaita galega”, será o mestre Olivier Cano Carteret, profesor superior de música na Escola Municipal de Música Magariños.

As IX Xornadas Musicais Santa Cecía están organizadas pola escola Escola Municipal de Música Magariños, en colaboración co Concello de Brión, e conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial