займ срочно

Ames, 17 de novembro do 2017 – Onte celebráronse en Ames as VII Xornadas Acércate de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero con moi boa resposta do público que encheu a Casa da Cultura do Milladoiro.

A presentación correu a cargo do alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, o deputado provincial de Economía e Facenda, Antonio Leira, e a técnica do Centro de Información á Muller, María Teresa Arufe.

Trala inauguración, celebrouse a primeira das conferencias da mañá, que foi impartida pola psicóloga e orientadora educativa, Ana Torres Jack. Lindeiros falaba con ela sobre eses estereotipos que supoñen unha rémora para o avance da sociedade

Para Torres Jack a situación de España non é distinta a de outros países do noso entorno, incluso a nivel global atopamos exemplos bos e malos en países do primeiro mundo

Para a orientadora unha das claves para afastarse do machismo, especialmente no caso das mulleres que tiveron unha educación machista, e ser moi críticos con nos mesmos co fin de decatarnos do que facemos mal

A cura para Ana Torres Jack e o que ela define como “vacina contra o machismo”

Continuo a xornada cunha mesa redonda sobre as consecuencias da violencia de xénero nas crianzas. Nela participaron a médica pediatra de atención primaria especialista en violencia e infancia, María Dolores Aguilar Redorta, a psicóloga da Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago e experta en violencia de xénero, Carmen González Pais, e o psicólogo da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar, Carlos de Francisco Moure.

As actividades da mañá remataron coa conferencia – coloquio da youtuber, cineasta de pornografía, escritora e activista pro-sex, Amarna Miller. Esta charla estivo precedida pola polémica xa que Pacto x Ames emitiu unha nota de prensa criticando a súa presenza. Para Amarna Miller está situación, o provocar polémica, é unha constante

 

[columns]
[column size=”2/3″]Cando se lle pregunta sobre o machismo na pornografía explica que é o mesmo machismo que en outras áreas da sociedade e por iso é, igual que no resto, necesario un feminismo activo

Miller non considera que existan mulleres con condutas machistas, desde o seu punto de vista son mulleres que teñen que descubrir o feminismo

Rematábamos a entrevista preguntándolle pola situación de España

A xornada continuou pola tarde con distintos obradoiros. Lindeiros falaba coa concelleira de Asuntos Sociais, Luisa Feijoo, que se mostraba moi contenta pola resposta obtida

Quixo quitar importancia a polémica que achacou ao descoñecemento da figura de Amarna Miller[/column]
[column size=”1/3″]

[/column]
[/columns]

Finalmente Feijoo destaca da mañá a gran cantidade de información e posibilidade de aprender que pequenas cousas podemos ir cambiando cada día para chegar a igualdade.

Boa organización a do concello de Ames que deixa o listón moi alto para as oitavas xornadas que se celebrarán xa no 2018.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies