Xosé Luís García deixa a alcaldía de Brión por razóns persoais

0

Brión, 3 de setembro do 2020 – O alcalde de Brión. Xosé Luís García, deixa o cargo por razóns persoais alleas a vida política e municipal.

O Brión actual, ao marxe de opinións, é consecuencia do traballo de Xosé Luís García. Unha xestión que comezaba en 1979 baixo as siglas da Coalición Galega Independente coa que acadaba 6 concelleiros por 5 da UCD, 1 do Bloque Nacional Popular Galego, e 1 de Coalición Democrática. Sería no 2007 cando integraría a súa candidatura nas filas do Psoe, no que segue militando.

O coordinador comarcal do Psoe, Antonio Leira, compañeiro ademáis na Deputación da Coruña de José Luís García, comenataba para Lindeiros.gal esta nova

Xosé Luís García deixa a alcaldía de Brión por razóns persoaisGarcía deixa un pobo que conseguiu fuxir da explotación urbanística que sufriron outros concellos da bisbarra e dos poucos que non perdeu poboación. Cunha intensa actividade cultural con selo persoal; desde os Encontros coa Arte ata o recente Premio Laudamuco de Teatro na honra do que fora veciño Roberto Vidal Bolaño.

Un concello no que impulsou dúas ferramentas que se demostraron fundamentais co paso dos anos. Unha brigada de obras que realiza a maioría dos traballos, o que supón un importante aforro ás arcas municipais; e un Grupo de Intervención Rápida de Protección Civil do que se beneficia toda a contorna.

O pasado 3 de xullo publicábamos en Lindeiros unha entrevista na que repasabamos con Xosé Luís García o momento actual. En ela xa nos anticipaba que a cita festeira do concello, a Santa Minia, non se podería celebrar do mesmo xeito que sempre. Sen festa e sen o alcalde das últimas catro décadas, Brión queda polo momento orfo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial