займ срочно

Xosé María Lema cede 200 imaxes das parroquias ao concello de Teo

0

Teo, 6 de marzo do 2019 – O mestre e escritor Xosé María Lema, veciño de Cacheiras, fixo entrega do seu fondo fotográfico ao concello de Teo.

A intención de Xosé María Lema é que o o Concello o custodie e poida poñelo a disposición de investigadores ademais de poder utilizalo para actividades culturais municipais coma exposicións, charlas ou actividades divulgativas.

Trátase de case 200 imaxes de todo o municipio realizadas ao longo dos últimos 30 anos. O acto de doazón asinouse na Casa do Concello coa presenza de propio Lema, do alcalde, Rafael Sisto, a concelleira de Cultura, Pilar Faxil, o arquiveiro municipal, Pablo Sanmartín e a secretaria accidental, Sandra García.

A doazón está composta por un estoxo con 184 diapositivas con imaxes dos diferentes bens culturais das diferentes parroquias realizadas entre os anos 1988 e 2003. Algúns das imaxes recollen elementos que na actualidade teñen mudado o seu aspecto ou xa non existen polo que este testemuño gráfico ten máis importancia. Deste xeito este grupo de imaxes pasan a formar parte da colección fotográfica histórica do arquivo municipal. O Concello comprométese a dixitalizalas ademais de garantir a súa conservación e difusión ademais de facilitalas para o coñecemento da veciñanza e dos/as investigadores/as.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies