займ срочно

Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña

0

A Deputación da Coruña ven facendo nos últimos anos un esforzo por apoiar e difundir a cultura galega e o turismo na provincia. Son áreas que competen á Vicepresidencia que, tras o traballo de Goretti Sanmartín na anterior lexislatura, agora recae en Xosé Regueira.

Esa boa xestión da anterior lexislatura viuse reforzada por un goberno que conseguiu funcionar como un só ente pese a estar formado polo BNG e o Psoe. Para Xosé Regueira catro anos bos significan novos retos

A coordinación da que fan gala na Deputación é un exemplo do que deberían tomar exemplo outras administracións. BNG e Psoe son capaces de discrepar sen que iso sexa un pao no engrenaxe da Deputación

Regueira defende a lealdade institucional, explica que si se votan contas probablemente os concellos do Partido Popular son mellor tratados polos dos últimos gobernos da Deputación que polos anteriores do seu partido. Considera que o Plan único, que tan bo resultado está dando, sería magnífico si se aplicara desde a Xunta

En todo caso non fuxe do debate sobre Deputacións si e Deputacións non. Non o considera o modelo axeitado pero asume que cando entras nunha administración é para xestionala e non para destruila

O patrimonio da provincia da Coruña comeza na prehistoria e remata no tempo actual, vai do megalitismo ao románico, a idade media ou o modernismo. Unha riqueza que Xosé Regueira recoñece como moi difícil de xestionar cos recursos dun organismo como a Deputación, a prioridade ten que ser concienciar aos concellos da importancia do que teñen

Destacan dúas iniciativas como son o Parque do Pasatempo en Betanzos, unha xoia esquecida desde hai demasiado tempo, e xa na bisbarra de Compostela as Torres de Altamira en Brión que son propiedade da Deputación. A estes proxectos polos que preguntamos o Vicepresidente engade Compostela Rupestre, unha iniciativa que é boa para a bisbarra e para a propia Capital

Outro proxecto no que participa a Deputación e que será un cambio moi importante na oferta da provincia en xeral, e da bisbarra de Compostela en particular, é a Vía verde que comeza agora a fase de adecuación

Rematamos preguntándolle por un proxecto que xestiona de forma directa no seu cargo de concelleiro na vila de Carballo. Os graffitis cambiaron a fisonomía de esa vila pero temos exemplos do mesmo caso en Ordes, non apoiados suficientemente desde o concello, e nos últimos tempos en Compostela, Ames ou Teo.

Xosé Regueira fala coa seguridade que da a experiencia. A súa tranquilidade non é capaz de ocultar a paixón que lle produce falar do patrimonio en xeral e de proxectos como o dos graffiti da súa vila, Carballo. Xosé Regueira é un exemplo do doado que pode ser , se se quere, separar a xestión pública das ideas políticas xa que, xunto co resto do goberno provincial, está poñendo en valor unha institución na que non acaba de crer.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies