Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago: “temos que recuperar a idea dun Consorcio Metropolitano de Transportes”

0

Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago

 

“Os aparcamentos de borde deberían estar en orixe e non en destino”

“Conseguir unha maioría absoluta non era unha hipótese realista”

“Si a proposta sobre a depuradora é viable nos imos a seguir apoiándoa

Recuperamos as entrevistas cos alcaldes despois das eleccións más competidas das últimas décadas. Comezamos co novo rexedor de Santiago de Compostela Xosé Sánchez Bugallo, un dos políticos máis veteranos da cidade. Comezou no 1983 como xefe de gabinete de Xerardo Estevez e catro anos despois sería por primeira vez concelleiro. Foi alcalde desde o 1999 ata o 2011 e agora ven de conseguir un magnífico resultado con 10 concelleiros ma nova corporación.

Xosé Sánchez Bugallo recoñece que os resultado das eleccións está no nivel máis alto das súas expectativas. O certo é que pese a iso non conseguiron unha maioría absoluta o que da idea do difícil que resultan hoxe en día, tanto que non era para eles unha hipóteses realista

O pleno de organización marcou o ton da investidura. Compostela Aberta considera que non foi tratado de xeito xusto e reclamou dun recoñecemento por parte do Psoe do espazo que ocupan, referíndose a que era un acordo máis natural coa esquerda que coa dereita. Bugallo defende o conseguido e o explica en termos matemáticos lembrando que os máis pequenos en estas negociacións sempre saen máis beneficiados.

Unha das primeiras polémicas xurdiu a partir da situación económica. Desde o primeiro momento o novo alcalde deixou ver o complicado que estaba resultado traballar pola xestión económica realizada. Explica que o feito de ter uns orzamentos prorrogados estaba retrasando aínda máis o pago de facturas pero cre tamén que é un problema que ven xa de anos atrás

Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de SantiagoO alcalde que levar a pleno uns orzamentos que chama “técnicos” para poder rematar o ano. O feito de non ter maioría absoluta obriga a consensuar a proposta pero explica que se non se aproban haberá partidas que non se poderán pagar

A área metropolitana estará en unha gran medida en mans socialistas. Bugallo é consciente pero considera que Santiago ten que ter coidado de non impoñer nada. A creación dun Consorcio de Transporte será un dos primeiros obxectivos.

Cre tamén que o modelo actual de transporte interurbano foi un avance pero está moi lonxe das necesidades da poboación. Entre as prioridades está a creación de máis aparcamentos de borde pero explica que deberían estar en orixe e non en destino, cando alguén leva o coche ata a cidade non o quere deixar a dous kilómetros e coller un autobús o quere levar ata o punto a onde se dirixe

No caso do parque de bombeiros Bugallo asume o compromiso de acabar o edificio do de Santiago, no caso do parque comarcal di que ninguén sabe nada del pero que están dispostos a apostar por el e que pensa que é a mellor solución para todos

Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de SantiagoNo caso da depuradora o novo alcalde e rotundo, pensa que non se pode estar cambiando de idea cada catro anos e si a proposta que está en marcha é viable seguirán apostando por ela

O turismo, cun Xacobeo as portas, é outro dos temas prioritarios. Redefinir o modelo e buscar a convivencia entre visitantes e veciños e algo que é máis complexo do que parece pero ao hai que buscar unha saída

Durante a campaña electoral Xosé Sánchez Bugallo insistiu en que quería que a cidade recuperara unha posición ao seu xuízo perdida. Buscará un plan estratéxico consensuado co resto das forzas que poda servir sexa cal sexa o próximo alcalde. Quere unha cidade “para vivir e para traballar”

Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de SantiagoO que non se lle pode negar a Xosé Sánchez Bugallo é a experiencia. Non só coñece a cidade, transmite a sensación de coñecela e de sentirse cómodo coa responsabilidade de alcalde. Despois de máis de 35 anos na política municipal segue mirando ao futuro e parece ter chegado para rematar algo que quedou pendente a última vez. As eleccións o levaron a unha situación na que o diálogo será fundamental para sacar adiante os proxectos, o tempo dirá cantos é capaz de sacar adiante e cantos quedarán a espera de mellores tempos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial