A Xunta de Goberno de Compostela asume a sentenza contraria da ORA

0

Compostela, 2 de xullo do 2019 – Sindo Guinarte foi o encargado de explicar en rolda de prensa os acordos da Xunta de Goberno de Compostela entre os que destaca a asunción da sentenza favorable a empresa Doal no conflito da ORA

Guinarte deu conta da decisión da Xunta de Goberno de no recorrer en casación a sentenza favorable a  Doal relativa á adxudicación do servizo da ORA e do guindastre en 2012 polas escasas posibilidades de que fora admitido a trámite o recurso.  No 2011 se presentaron a concuro Doal e Setex Aparki. A mesa de contratación deu a concesión a Setex pero Doal recorreu a decisión xa que a parcela que propoñía Setex tiña cen metros menos dos requeridos nos pregos do concurso. Os tribunais déronlle a razón a Doal á que haberá que pagarlle agora algo máis de 600.000 euros.  

Fogos do Apóstolo

Tamén foi adxudicado o servizo de deseño, produción, montaxe e realización dos espectáculos nocturnos das festas do Apóstolo 2019, por un importe total de 257.713 euros (IVE incluído). Acciona Producciones y Diseño repite na organización, xa que tamén foi a empresa adxudicataria na edición de 2018. A concesión inclúe tanto o espectáculo do 24 de xullo na praza do Obradoiro como os fogos fin de festa do 31 no entorno do Campus Sur así como o deseño de folletos informativos co guión e a explicación do espectáculo.

Persoal eventual

Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou o acordo de fixación do número, retribucións e características do persoal eventual, que queda do seguinte xeito: un/unha coordinador/a do Gabinete de Alcaldía (Grupo A1, Nivel 26); tres asesores/as do Goberno municipal (A1, 22); un/unha asesor/a a tempo parcial adscrito ao grupo municipal do PP (A1, 24); dous/dúas asesores/as adscritos/as ao PP (A1, 22); catro prazas de administrativos/as, dúas delas adscritas ao grupo municipal do PSdeG-PSOE e dúas ao PP (C1, 22); tres prazas de administrativos/as, dúas delas adscritas ao PSdeG-PSOE e unha ao grupo municipal de CA (C1, 20); dúas prazas de administrativos/as adscritas a CA (C2, 16) e dúas prazas de administrativos adscritas ao BNG (C2,14).

Xogos do Eixo Atlántico

No ámbito deportivo, o Goberno local autorizou o desprazamento da delegación compostelá que participará nos XIII Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán do 7 ao 12 de xullo na localidade portuguesa de Braga. A delegación estará formada por 56 deportistas, que participarán nas disciplinas de baloncesto, fútbol 8, natación e atletismo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial