займ срочно

Xunta local de seguridade no concello de Teo

0

Teo, 22 de decembro do 2018 – O concello de Teo reuniu a Xunta Local de Seguridade que contou coa presenza da subdelegado do goberno Pilar Pilar López-Rioboo ademais do alcalde Rafa Sixto.

A Xunta Local de Seguridade analizou, entre outras cuestións, a evolución dos datos relativos á seguridade cidadá. Durante a sesión, os representantes das Forzas de Seguridade do Estado informaron dos últimos datos sobre seguridade cidadá no municipio, constatándose que se manteñen en índices similares aos do pasado ano.

A previsión é que este ano a taxa de criminalidade do Concello de Teo sitúese en 21 delitos por 1.000 habitantes, situándose moi lonxe das medias de Galicia e da provincia coruñesa, que son de 27,4 e de 29,7 delitos por 1.000 habitantes, respectivamente; e na metade da media estatal, de 41 delitos por 1.000 habitantes.

Tanto a subdelegada do Goberno como o alcalde incidiron na necesidade de intensificar na posible a colaboración das forzas de seguridade para tratar de mellorar todo o posible na persecución e resolución dos delitos pero especialmente tamén nas tarefas de prevención.

Na reunión, na que tamén participaron representantes da Garda Civil e policías local e autonómica, entre outros, a subdelegada do Goberno trasladou aos presentes as modificacións lexislativas introducidas polo Executivo en materia de loita contra a violencia de xénero, tras o real decreto mediante o que se devolveu competencias nesta materia aos concellos, medida que foi complementada coa correspondente dotación económica.

No caso do Concello de Teo, a cantidade que ingresará nos próximos días por parte do Goberno será de 4.015,04 euros, en aplicación dos criterios poboacionais establecidos para a repartición dos fondos.   

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies