A Xunta local de seguridade coordina o dispositivo de seguridade para o Rally de Noia

0

Noia, 13 de abril do 2018 – O alcalde de Noia, Santiago Freire, e o subdelegado do Goberno, Jorgé Atán, presidiron a reunión da Xunta local de Seguridade na que se organizou o dispositivo de seguridade do Rally de Noia que hoxe comeza. 

Na Xunta Local participaron tamén o capitán da IV Compañía de Noia, José Manuel Leis, acompañado do tenente coordinador do dispositivo; polo xefe do posto de Noia, sarxento César López e polo sarxento primeiro do Destacamento de Tráfico de Santiago, Miguel Ángel Rodríguez; os concelleiros de Noia Xullo Bustelo e  Neri Arufe; o responsable de Protección Civil, Eduardo Moledo; e o inspector da Policía Autonómica, José  Bouzada; ademais de responsables da policía local.

A Agrupación de Tráfico da Garda Civil prevé desprazar a 65 efectivos procedentes dos Destacamentos de Tráfico de Santiago e Corcubión que se despregarán no percorrido do rally e nas estradas próximas ao mesmo. O seu labor comprenderá desde controlar a apertura e peche de cada tramo no horario establecido ata supervisar as vías de evacuación e previr infraccións e comportamentos que atenten contra a seguridade de condutores e peóns. Nas tarefas, contará co apoio aéreo do helicóptero da Garda Civil. Polo que respecta a seguridade cidadá, e co obxecto de previr a comisión de actos delituosos, a Garda Civil despregará patrullas en horarios de mañá e tarde así como efectivos da Unidade de Seguridade Cidadá ( USECIC) da  Comandancia da Coruña, que se situarán nas zonas de maior afluencia de público.

Os asistentes á Xunta Local de Seguridade fixeron fincapé na necesidade de lembrar aos afeccionados a importancia de situarse en lugares afastados da traxectoria dunha posible saída de vía dalgún participante e, ademais, non situarse diante de elementos sólidos como muros de pedra, árbores, vehículos ou contedores. Ademais, pídeselles que conduzan con prudencia nos desprazamentos a cada un dos tramos e entre eles, así como que deixen libre as vías de evacuación, evitando estacionar no interior dos tramos cronometrados e os desprazamentos a pé pola calzada ou cunetas durante o desenvolvemento da proba. Para iso, ínstaselles a empregar camiños paralelos ou esperar á finalización da mesma.

Tramo urbano para zomezar

O Rally, e o dispositivo, comeza esta mesma tarde co tramo urbano. O percorrido discorre ao longo de1.400 metros na zona de Labarta, tendo a saída nas proximidades da piscina municipal. As rúas do entorno estarán pechadas desde o mediodía xa que alí sitúase o parque pechado desde o que sae a proba e ao que volven os coches entre as seccións e ao remate do rally. A saída do primeiro participante está prevista para as 20.05 horas de esta tarde. Máis información en http://www.ralinoia.es/ .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies