A Xunta investirá 450.000 € nunha nova sala de usos múltiples no IES de Ames

0

Ames, 24 de novembro do 2017 – A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de asinar o contrato para a habilitación dunha nova sala de usos múltiples no IES de Ames, unha obra á que se destinarán 448.408,38 euros.

A nova sala consistirá no peche da pista coa que conta o centro educativo para instalar este espazo na mesma.

O prazo de execución da actuación é de catro meses, pero as obras non interferirán na actividade docente, xa que están situadas nunha zona externa ao edificio principal, á que se pode facer un acceso independente e exclusivo para os traballadores.

A superficie total construída da edificación ascenderá a 538,8 metros cadrados, contando co porche cuberto (de case 40 m²). O espazo central da instalación será de 366,5 m². A nova sala realizarase con estrutura de formigón armado, con cuberta de panel sándwich de aceiro prelacado sobre forxado de formigón armado e fachadas de prefabricados do mesmo material.

O obxectivo da actuación é dotar ao complexo dunha sala polivalente e diáfana que permita completar os espazos dispoñibles no instituto. A nova instalación estará dotada de todos os usos necesarios para o seu correcto funcionamento, como aseos e almacén. Deste xeito, dáse resposta a unha demanda da comunidade educativa deste centro, nun dos concellos de Galicia que presenta maior incremento da poboación escolar.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies