займ срочно

A Xunta presentou en Teo o Outono gastronómico en turismo rural

0

Teo, 26 de setembro do 2018 – A Casa Rural parada de Francos foi o escenario elixido para a presentación do Outono gastronómico en turismo rural 2018.

O Delegado da Xunta na Provincia, Ovidio Rodeiro, a concelleira de turismo de Teo, Conchi García, e Pepe Torres, responsable do establecemento, foron os encargados de explicar o programa que forma parte da estratexia da Xunta de Galicia no eido do turismo.

A proposta desenvolvese dende o pasado 14 de setembro e prolongarase ata o 16 de decembro con prezos que van dende os 30 euros aos 300 euros en función da modalidade que elixa o viaxeiro. Esta iniciativa permite gozar en parella, familia ou con amigos de propostas culinarias, deseñadas para a ocasión, e pernoctar nas casas de turismo rural durante a fin de semana

 Na Coruña son 46 menús diferentes en 23 casas rurais. Na bisbarra de Santiago están adheridos a este programa 10 establecementos en A Baña, Santiago, O Pino, Arzúa, Rois, Touro e Teo.

O delegado territorial recalcou que o obxectivo prioritario desta campaña é favorecer a desestacionalización durante os meses de outono. Neste senso, explicou que o éxito do “Outono gastronómico en turismo rural”, ao longo de 11 edicións suma preto de 60.000 participantes e foi recoñecido na Feira Internacional de Turismo Fitur 2016 como Mellor Produto de Turismo Activo Nacional na modalidade de Enogastronomía.

Pódese acceder a información completa dos menús e establecementos na web http://www.outonogastronomico2018.com/

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”94″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies