A Xunta aproba o convenio para a construción dunha nova ponte sobre o río Lesta en Ordes

0

Ordes, 22 de Nadal do 2017 – Medio rural acaba de aprobar un convenio co concello de Ordes que permitirá a construción dunha nova ponte en Lesta

O orzamento estipulado para a ponte de Lesta ascende a 58.000 euros, os cales están englobados no Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) desenvolto pola  Consellería do Medio Rural de cara á execución de obras con carácter de urxencia nos concellos.

Unha necesidade evidente dado o deficiente estado que a día de hoxe presenta a ponte e que impide o tránsito de vehículos e peóns en condicións de seguridade. O proxecto contempla unha nova construción global que terá como resultado unha ponte cunha luz de sete metros, unha altura de dous e un largo de oito. O prazo de execución previsto é de tres meses e o orzamento repartirase nas anualidades 2017 e 2018.

Tamén será reposta a obra de drenaxe transversal existente sobre o rego de Lesta, en Ordes. Hoxe en día esta drenaxe presenta dúas tubaxes de aceiro corrugado de 2 metros de diámetro cada un, nas que se poden ver importantes roturas e deterioros nas zonas de contacto coa lámina de auga do rego. Será necesaria a demolición da obra existente antes de proceder co movemento de terras necesario para a cimentación do novo pórtico. Unha vez executado este e tras colocar os muros de acompañamento de pedras de granito procederase co reafirmado do camiño do contorno con zahorra e grava entre outros elementos para, por último, colocar unha barreira de seguridade.

Redución de custos

Ademais de facilitar e mellorar os desprazamentos dende a zona rural esta nova infraestrutura permitirá abaratar os custos de produción das granxas ao renovar as súas comunicacións. Deste xeito, increméntase a calidade de vida dos veciños e, como consecuencia, favorécese o asentamento de poboación no rural, un dos obxectivos principais desta consellería, que en 2017 leva investido máis de 4,6 millóns de euros no PIR.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial