A Xunta adxudica a rehabilitación do CEIP Raiña Fabiola, en Santiago, e o IES de Arzúa

0

Bisbarra, 10 de xullo do 2019 –  A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de adxudicar as obras de rehabilitación integral do CEIP Raiña Fabiola, en Santiago, e o IES de Arzúa en esa vila.

O investimento no Raiña Fabiola pasará dos seiscentos mil euros e no IES de Arzúa superará os novecentos mil. As obras realizaranse a través do anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018. Os traballos comezarán a executarse os vindeiros días.

Santiago

As actuacións contempladas na rehabilitación integral do CEIP Raíña Fabiola inclúen medidas para mellorar a súa eficiencia enerxética. Para iso, illarase a fachada do volume principal, aula de música e comedor mediante sistema envolvente SATE, substituiranse as ventás por unhas novas de carpintería de madeira, acabado ao esmalte, e con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e instalaranse novas luminarias de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza en zonas comúns. Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro do 22,3% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 28,1% en emisións de CO2.

ista do CEIP Raiña FabiolaPor outra banda, mudarase o acabado da cuberta plana actual do volume principal, por unha de lousa filtrón, mantendo impermeabilización e illamento actual; mentres que no resto de cubertas do edificio principal realizarase un mantemento e reparación da cuberta vexetal existente, así como a retirada da árbore do patio que está danando a fachada.

A maiores, colocarase falso teito acústico de cartón xeso no interior da edificación e paneis de virutas de madeira no patio exterior e zonas porticadas, zonas estas últimas nas que tamén se desenvolverán traballos de pintado e mellora do sistema de drenaxe. Así mesmo, mellorarase a accesibilidade da varanda da escaleira interior, coa colocación dun pasamáns, pulirase o  pavimento de terrazo e procurarase unha mellora do sistema de ventilación do centro.

Arzúa

A obra no IES de Arzúa incluirá medidas similares para a mellora da eficiencia enerxética (illamento da fachada mediante sistema SATE, colocación de novas fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e instalación de novas luminarias), ademais da substitución de material de cubrición por panel sándwich nervados de chapa prelacada de aceiro con illamento térmico na cara superior do forxado do baixo cuberta. Todas estas medidas combinadas suporán un aforro do 53,2% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 58,2% en emisións de CO2.

Ademais, instalarase un ascensor, un aseo adaptado e unha rampla exterior para mellora da accesibilidade, pulirase o pavimento de terrazo, colocaranse novos falsos teitos e repararanse e pintaranse os paramentos interiores, portas, caixas de persianas, varandas, radiadores e tubaxes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial