A Xunta restaurará a igrexa de Santa María de Lamas en Boqueixón

0

Boqueixón, 17 de setembro do 2020 – A Xunta de Galicia ven de contratar a restauración da de Santa María de Lamas en Boqueixón despois da licitación comezada en xuño pasado.

A adxudicación das melloras en Santa María de Lamas terán un investimento de 120.000 euros, o que supón unha mellora dun 10% respecto do orzamento inicial.

O proxecto pretende mellorar os problemas de humidades que afectan á cuberta, pavimentos e carpinterías. Entre outras actuacións realizarase a limpeza manual de toda a cuberta de tella, substituíndo pezas danadas e incrementando a ventilación baixo cuberta na zona de cúpula, ademais de completar os remates de chumbo na cubrición de pedra do frontón.

Tamén se prevé demoler o pavimento de terrazo actual baixo control arqueolóxico así como limpar os paramentos exteriores, pintar as zonas revocadas con pinturas de silicato e repoñer pezas danadas da carpinterías, entre outras.

Nas zonas onde existen pinturas murais procederase a realizar unha toma de datos e analíticas para realizar unha avaliación do seu estado de conservación e, no seu caso, unha proposta de intervención de urxencia. O prazo máximo de execución das obras será de oito semanas.

Para poder desenvolver os traballos necesarios, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Arquidiocese de Santiago de Compostela asinaron un convenio de colaboración para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións no monumento.

Ben singular

A igrexa de Santa María de Lamas é un ben singular do concello de Boqueixón, de estilo barroco e nave de planta de cruz latina, construída no século XVIII e que destaca polas súas dimensións e concepción arquitectónica. As pinturas das bóvedas e a cúpula xunto á torre presentan unha tipoloxía repetida durante a primeira metade do século, baseada nos campanarios barrocos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial