A Xunta inicia as obras dunha senda peonil no lugar do castiñeiro, en Tordoia

0

Tordoia, 9 de xuño do 2017 – A Xunta inicia a execución dunha senda peonil no lugar do Castiñeiro, entre os puntos quilométricos 30+960 e 31+440, no Concello coruñés de Tordoia. Esta actuación ten un prazo de execución de 2 meses e conta cun orzamento de case 51.000 euros, cofinanciados con Fondos FEDER 14/20.

modelo de senda peonil construida, en este caso, en Touro

modelo de senda peonil en construción, en este caso, en Touro

 Nesta actuación construiranse 480 metros de senda de formigón coloreado pola marxe dereita da estrada AC-400. Esta infraestrutura terá un ancho de 1,8 m e completarase cos elementos necesarios para a recollida das augas de drenaxe. Esta obra responde a unha solicitude realizada polo Concello de Tordoia para a construción dunha senda peonil nesta zona do municipio.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a promover sendas útiles, sustentables e saudables para que os veciños poidan empregar as estradas de xeito seguro e accesible, ao tempo que mellora a seguridade de todos os usuarios da vía.

 O Plan de Sendas de Galicia concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios peonís. O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, destinará este ano un total de 10,5 millóns de euros ao Plan, que xa dispón de 40 proxectos aprobados.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies