займ срочно

A Xunta investirá máis dun millón de euros para garantir o transporte metropolitano

0

Compostela, 7 de abril do 2017 –  O Consello da Xunta aprobou a proposta de acordo polo que se autoriza a prórroga para o ano 2018 do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia na Área de Santiago.

Grazas a este acordo garántese a continuidade dun plan que supón importantes aforros económicos para os usuarios.

O Executivo autonómico achegará na área compostelá máis de 1,48 millóns de euros para manter en funcionamento en 2018 o Plan de Transporte Metropolitano de Santiago, nunha zona na que o pasado exercicio permitiu bonificar preto de 2,7 millóns de viaxes en autobús.

A achega do Goberno galego destínase a financiar o 80% dos descontos que se aplican nos billetes interurbanos e a financiar o 100% do custo dos transbordos co autobús urbano, que son gratuítos.

Grazas á renovación deste acordo, manterase a vixencia o billete único que bonifica o custo dos transbordos, premia o uso recorrente e no que se aplican descontos adicionais a membros de familias numerosas.

Neste Plan, o Goberno galego contribúe co 80% da bonificación no traxecto principal e aos concellos participantes correspóndelles aportar o 20% restante. Así mesmo, a Xunta contribúe coa bonificación do 100% dos transbordos e cos descontos adicionais aos usuarios habituais (15%) e ás familias numerosas, cun 20% ou 50% segundo se ten tres ou máis fillos.

A Área de Transporte Metropolitano de Santiago está integrada por un total de 18 concellos: A Baña, A Estrada, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, O Pino, Ordes, Oroso, Padrón, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces.

Tarxeta Xente Nova

Actualmente, máis de 34.000 mozos menores de 19 anos viaxan gratis grazas á Tarxeta Xente Nova, implantada o ano pasado e que bonifica as viaxes no transporte metropolitano no 100% do custo ata os 18 anos, unha medida que contribúe a incrementar os aforros dos galegos onde está implantado o Transporte Metropolitano. En concreto, na Área de Transporte Metropolitana de Santiago distribuíronse máis de 6.100.

O obxectivo da iniciativa é facilitar o acceso da mocidade aos servizos básicos como a sanidade ou a educación, fomentando o emprego do transporte público, formando ás novas xeracións no seu uso, ao tempo que se axuda de forma substancial ás economías familiares.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies