Xunta e concello de Vedra colaboran na mellora das infraestruturas culturais

0

Vedra, 5 de setembro do 2017 – A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria financiará con 35.000 euros a dotación de equipamento nas infraestruturas culturais no Concello de Vedra.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez (a esquerda), e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo.

O conselleiro Román Rodríguez e mailo alcalde da localidade, Carlos Martínez Carrillo, asinaron un convenio de colaboración a través do cal se renovará e ampliará equipamento do centro sociocultural de Santa Eulalia de Vedra, da casa da cultura de Santa Cruz de Ribadulla e do local sociocultural Casa da Cruxa de San Xián de Sales.

Ao abeiro deste acordo, procederase á renovación e/ou dotación de equipamento dos espazos escénicos dos edificios mencionados. Deste xeito disporán de equipos de son, telón de escenario e cortinaxe para caixa negra, renovación de iluminación, pantalla de proxección eléctrica, proxectores e cadeiras, entre outros.

O obxectivo principal desta colaboración institucional é que os veciños de Vedra conten cunhas ibfraestruturas culturais dotadas co equipamento necesario para o seu uso. A participación da Xunta nesta iniciativa enmárcase dentro das liñas de actuación da Consellería de Cultura e Educación para garantir unhas infraestruturas de carácter sociocultural en condicións óptimas ao servizo da cidadanía e, de forma xeral, asegurar o acceso á cultura en igualdade de condicións de todos os galegos e de garantir que estas actuacións respondan ás demandas sociais da poboación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial