займ срочно

Melide celebra a VIII Xuntanza Cabalar organizada por O Bocelo

0

Melide, 11 de agosto do 2017 –  O Campo da Feira de Melide será o lugar de encontro de afeccionados de mundo do cabalo de toda Galicia esta fin de semana coa celebración da VIII Xuntanza Cabalar organizada pola asociación O Bocelo.

O presidente de O Bocelo, Jesús rúa, explica que este ano ten como novidade o cambio do lugar onde se celebra  “antes faciámolo nun recinto habilitado no monte Bocelo, pero este ano será nas instalacións do Campo da Feira de Melide, xa que quixemos traer esta xuntanza para o casco urbano para que todas as persoas teñan accesibilidade a ela e poida tamén este evento axuda a dinamizar social e económicamente Melide”.

A VIII Xuntanza Cabalar que organiza O Bocelo  inclúe carreiras de andadura de cabalos do país, cruzados e trotóns, así como tamén unha carreira de burros.

Premios

Ademais do espectáculo das propias carreiras que se disputarán ao longo de toda a xornada de mañá sábado, repartiranse numerosos premios en metálico e trofeos. Mañá procederase tamén ao sorteo dun poldro entre todas as persoas que  teñan rifas das postas a venda pola organización para organizar o evento e das que seguro que aínda mañá poderanse mercar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies