O Xuventude proclámase campión da XI Liga Local de Fútbol Sala do Concello de Frades

0

Frades, 5 de maio do 2017 –  O equipo do Xuventude de Frades proclamouse campión da XI Liga Municipal de Fútbol Sala do concello logo de vencer na quenda de penaltis ao conxunto do Gafoiaiazo.

Unha igualdade reflexo do parello que foi a liga regular este ano, na que por primeira vez os tres primeiros clasificados quedaron empatados a 12 puntos e houbo que recorrer á golaverage para decidir a clasificación final.

O pavillón municipal de deportes de Ponte Carreira acolleu na noite de onte mércores a gran final, na que tanto os xogadores do Xuventude como os de Gafoiaiazo amosaron a igualdade rexistrada durante todo o campionato, rematando o partido cun empate a tres goles. Despois houbo que lanzar ata 6 penaltis por cada equipo para decidir o campión, o Xuventude, que recupera o título conseguido en 2012 e 2015. Ademais, representará ao Concello de Frades no Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, que se xogará o sábado 27 de maio en Ordes.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, foi o encargado de facer entrega dos premios aos tres primeiros clasificados do torneo: Xuventude, Gafoiaiazo e Paboi. Ademais, entregou os trofeos ao porteiro menos goleado (Pablo, do Paboi), con só 8 goles encaixados e ao máximo goleador, Santi Mandayo (Xuventude), con 13 tantos.

A clasificación final da XI Liga Municipal de Fútbol Sala de Frades 2017 queda do seguinte xeito:

1- Xuventude

2- Gafoiaiazo

3- Paboi

4- Ponte Carreira

5- Ledoira

6- Combinado

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial