O Xuventude de Frades gaña por segundo ano o Maratón de Fútbol do concello

0

Frades, 23 de agosto do 2017 – O equipo do Xuventude de Frades gañou por segundo ano consecutivo o Maratón de Fútbol do Concello.

O Xuventude de Frades xogou na fin de semana no campo municipal de Abellá contra outros seis equipos do municipio. A superioridade do Xuventude de Frades foi tal que tamén acaparou os trofeos ao máximo goleador e ao porteiro menos goleado, que foron entregados polo alcalde, Roberto Rey Martínez.

O XX Maratón de Fútbol do Concello de Frades tivo lugar este domingo 20 de agosto no campo municipal de Abellá. Sete equipos, divididos en dous grupos, competiron en encontros de 30 minutos e os dous mellores pasaron ás semifinais. Na primeira semifinal, o Xuventude de Frades venceu por 1-0 ao Veteranos Ponte Carreira nun encontro moi desputado. A segunda final decantouse do lado do Paboi, tamén por 1-0, ante ao Papucín. O mesmo resultado repetiuse na final, na que o Xuventude impúxose por 1-0 ao Papucín.

O trofeo Pichichi ao máximo goleador foi para Nicolás (Xuventude) con 6 goles en 5 partidos. Pola súa banda, Costoya (Xuventude) levou o trofeo Zamora como porteiro menos goleado, xa que só encaixou un tanto en todo o torneo. A clasificación final do XX Maratón de Fútbol do Concello de Frades queda do seguinte xeito:

1º Xuventude

2º Paboi

3º Papucín

4º Veteranos Ponte Carreira

5º GafoiAiazo

6º Veteranos Abellá

7º FradesVitre

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies