займ срочно

XV Certame Literario Concello de Ames

0

Ames, 1 de marzo do 2018 –  O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística e Comunicación, vén de presentar a décimo quinta edición do Certame Literario de narrativa e poesía que se convoca de forma anual.

Poderá concorrer a este certame literario calquera persoa que presente textos inéditos escritos en lingua galega. O tema é libre. Os textos poderán enviarse ata o día 3 de abril de 2018 (incluído). En cada modalidade do certame (narrativa e poesía) establécense tres categorías e, en cada categoría, tres premios. Repartiranse preto de 3.000 euros.

 bases_certame_literario_2018         

ficha_paticipacion_certame_literario_2018                        

O Concello de Ames designará un xurado integrado por persoas de recoñecido prestixio no ámbito cultural e a súa decisión anunciarase publicamente o 7 de maio de 2018. Os premios entregaranse o 16 de maio nun acto público que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais destes premios en metálico, os gañadores e gañadoras verán publicados os seus textos nun libro colectivo que recompila os traballos premiados en cada edición.

A concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación, Isabel Vaquero, explica que “o certame difundirase por toda Galicia, enviaranse as bases a todos os concellos, á Rede de bibliotecas de Galicia e aos os centros de ensino da comarca. Ademais, vaise facer unha importante difusión a través da rede. O obxectivo do goberno municipal é potenciar este certame literario xa que é un dos principais eventos culturais que se organiza dende o Concello”.

Publicación dos traballos premiados

O Concello de Ames, en colaboración con Feiraco, empresa colaboradora do certame, publicará os traballos premiados nunha antoloxía creada para tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autoría e compensando aos/as autores/as con cinco exemplares do volume que se edite. As persoas gañadoras do certame deberán entregar posteriormente os textos en formato dixital, e, se publican pola súa conta algún dos textos gañadores, deberán facer referencia ao premio obtido neste certame. Os catorce libros de recompilacións publicados ata o de agora, recollen un total de de 252 traballos que foron premiados neste concurso (cada antoloxía publicada contén os 18 traballos premiados de cada edición).

Isabel Vaquero finaliza destacando que “nos quince anos de traxectoria desta convocatoria foise asentando tamén a súa función de plataforma de lanzamento de novos escritores e escritores, e moitas das persoas que hoxe destacan no ámbito literario foron premiados algunha vez neste certame. Nomes que apareceron nas listaxes de premiados de Ames hoxe ocupan postos relevantes nos andeis das librerías do país”.

Para máis información poden chamar ao número de teléfono 662 377 215 ou enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal correspondente ao Servizo de Normalización lingüística (SNL) do Concello de Ames.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies