XV Edición da Semana de Cine Euroárabe Amal

0

Compostela, 12 de outubro do 2017 – Tender pontes entre a cultura árabe e a galega é unha vez máis o obxectivo con que a Fundación Araguaney organiza a Semana de Cine Euroárabe AMAL, que volve contar este ano coa colaboración co Concello de Santiago e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Do 23 ao 27 de outubro Amal levará ao Teatro Principal 11 filmes de diversas procedencias, entre os que se inclúen varias co-producións euro-árabes e tres estreas cinematográficas na contorna estatal.

Amal foi presentado onte polo presidente da Fundación Araguaney e director do festival, Ghaleb Jaber Martínez, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo no hotel Eurostars Araguaney de Santiago. #etiporqueloitas é o lema sobre o que xira a programación da décimo quinta edición deste certame que, a dicir do seu director, recolle “quince anos de loita na procura dun mundo mellor a través do cinema”. Branca Novoneyra enmarcou o apoio ao festival no compromiso da Concellaría de Acción Cultural co respecto ás diversas identidades culturais da cidadanía de Compostela e á inclusión na programación cinematográfica da cidade de voces e ollares a miúdo ausentes nos circuítos culturais.

A programación da XV edición inaugúrase o luns, 23 de outubro, ás 20.30 h coa proxección de Nacido en Siria, un filme documental dirixido polo realizador arxentino Hernán Zin. Ao término da proxección, celebrarase unha clase maxistral sobre a situación actual e os conflitos existentes no mundo árabe que presentará especial atención á realidade siria e que será dirixida polo Presidente de Honra da Fundación Araguaney Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim. A entrada a esta xornada inaugural é gratuíta previa retirada de invitacións no Teatro Principal.

O martes 24, o público de AMAL poderá asistir ás proxeccións de Fuego en el mar, co-produción italo-francesa dirixida por Gianfranco Rosi, na sesión das 20.00 h,  e Eshtebak-Clash, de Mohamed Diab, na sesión das 22.00 h.

O mércores 25, as actividades paralelas programadas en AMAL 2017 inclúen a presentación do libra Hijas de Agar (El Desvelo Ediciones, 2017) da escritora, tradutora e xornalista Pilar Salamanca. Será ás  11.00 horas no hotel Eurostars Araguaney. O mesmo día, a pantalla do Principal proxectará ás 20.00 h o documental Gaza Surf Club, de Philip Gnadt, e Michey Yamine, e  ás 22.00 h a ficción exipcia Alí, la cabra e Ibrahim, do director Sherif El Bendary.  

O documental Letters from Baghdad, unha produción británica de 2016 dirixida por Sabine Krayenbühl e Zeba Oelbaum, abre as proxeccións de estrea o xoves 26 ás 20.00 horas. Dentro do xénero de ficción, AMAL acollerá tamén o pase en primicia estatal da película Wajib, dirixida pola realizadora Annemarie Jacir, que se proxectará das 22.00 horas. A xornada do xoves inclúe unha ademais sesión golfa que dará comezo ás 24.00 h co pase de La Haine, un documental de orixe francesa dirixido por Mathieu Kassovitz.

A terceira das estreas chegará o venres 27 ás 20.00 horas coa á proxección de Cairo Jazzman, unha produción alemá dirixida por Atef Ben Bouzid. A mesma noite, ás 22.00 h o Teatro Principal acollerá o pase de Headbang Lullaby, de Hitcham Lasri e unha nova sesión golfa, á partir das 24.00 h coa proxección da ficción Os cabalos de Deus, de Nabil Ayouch.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies