XVIII Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide

0

Melide, 26 de abril do 2019 – A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide foi presenta onte no Café Casino de Compostela.

Este ano o pregoeiro, e protagonista do show cooking, será o chef Paco Roncero, un dos máis importantes do panorama gastronómico nacional. A Festa do Melindre terá lugar o domingo 12 de maio ás 12:30h na praza do convento de Melide. Roncero mostrará o seu bo facer na cociña, que lle valeu dúas estrelas Michelín, o sábado 11 na viñoteca Ribeirao, e terá como base aos melindres, os ricos e os amendoados. A entrada será de balde para todas as persoas que desexen asistir, que poderán inscribirse o mesmo día no baixo da Casa do Concello ata completar aforo.

Máis aló de Roncero, o Concello de Melide nomeará aos embaixadores e embaixadoras da festa, que se comprometen a poñer en valor e dar a coñecer os doces únicos no mundo da comarca melidense. Nesta edición serán 8 persoeiros a nivel autonómico e nacional do mundo da cultura, a gastronomía, o deporte e o mundo empresarial: o coñecido actor Marcos Pereiro no 15 aniversario do dúo cómico As Cantareiras de Ardebullo; a reposteira e instagramer Isabel Pérez de Aliter Dulcia; o triatleta gañador de 3 copas do mundo Uxío Abuín; o xornalista gastronómico Jorge Guitián; a directiva de Aceites Abril Elena Pérez Canal; os chefs Marías Varea de A Parada das Bestas e Miguel Ángel Liboreiro de O Tobo do Lobo; e o director do CIFP Carlos Oroza, Manuel Hermo.

Como ven sendo habitual, a cita gastronómica contará tamén cun amplo programa lúdico e cultural para todos os públicos, con actividades que se repartirán ao longo de todo o fin de semana do 11 e 12 de maio, e entre as que se encontran actuacións musicais a cargo de Claudio Spadi, a banda tributo a Sabina La Pénultima, Gin Toni’s e, xa o domingo, pechará a festa Milladoiro. Tamén terán o seu lugar a agrupación de música tradicional Froito Novo e a Banda de Música de Arzúa, ademais de animación de rúa coas charangas Ardores e Santa Compaña. Os máis cativos da familia poderán gozar do espectáculo Radio Bule Bule de Paco Nogueiras.

Durante a presentación do evento a alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, manifestou a súa satisfacción por “ter un chef da talla de Paco Roncero na Festa do Melindre, o que demostra a forte aposta feita dende o Concello para continuar situando a Melide e a súa repostaría no mapa gastronómico nacional”.

Un Coffee Tour e campaña Doa Sangue

Coma pistoletazo de saída, o Concello de Melide pon en marcha ata o 3 de maio, o Coffee Tour da Festa do Melindre, que repartirá entre os clientes dos principais cafés históricos de Galicia melindres, ricos e amendoados como petisco doce. Tralo inicio no Café Casino de Compostela, a ruta continuará o 29 de abril no Café Moderno de Pontevedra; o día 30 na cafetería La Dársena de A Coruña; o 1 de maio no Café del Centro de Lugo; o día 2 en La Coruñesa de Ourense; e rematará o venres 3 de maio no café De Catro a Catro de Vigo.

Ademais, a Festa do Melindre e o Centro de Transfusións de Galicia renovan un ano máis a súa xa tradicional colaboración, cunha campaña solidaria que recompensará a todos os que se acheguen a doar sangue en Melide, A Coruña, Pontevedra e Santiago os días 26 e 27 de abril, cun doce agasallo composto por melindres, ricos e amendoados; e un programa con información sobre o evento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial