XX Aniversario da Oficina de Voluntariado de Padrón

0

Padrón, 2 de xullo do 2018 – O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Voluntariado, Lorena Couso, e a técnico da Oficina Municipal de Voluntariado, Pilar Lorenzo, presentaron a programación especial de actividades coa que se celebrará o XX Aniversario da Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) de Padrón.

O alcalde salientou que “Padrón é un concello comprometido co voluntariado, debe sentirse moi orgulloso de celebrar este vixésimo aniversario da OMV, unha entidade que é un referente no ámbito do voluntariado pola súa dilatada traxectoria”. Ao longo destes 20 anos formaron parte deste proxecto máis de 250 persoas voluntarias, estando a media anual nunhas 40, que na súa meirande parte son mulleres novas ou de mediana idade. Estos voluntarios, conxuntamente co persoal técnico, permiten dar soporte cada ano a máis de dez programas estables dos que se benefician máis de 5.000 veciños.

Pola súa parte, Lorena Couso anunciou algunhas das novidades que se porán en marcha durante o último semestre do ano. Entre as actividades a realizar destacan unhas xornadas de “Artivismo” para visibilizar o labor da entidade entre a poboación local, na que se empregaran diferentes experiencias artísticas para plasmar o labor voluntario. Sesións de workshop con persoas desempregradas ou na procura de mellora de emprego, e o deseño e percorrido dun roteiro que vén poñer en valor o labor das mulleres padronesas do pasado século e que se enmarca dentro do programa “Camiños da Igualdade”.

Conxuntamente coa asociación AMIPA, estase a traballar para pór en marcha o programa “Libros Viaxeiros”, no que se pretende integrar a locais da hostalaría nunha actividade cultural de lectura compartida; serán obras de “lectura fácil” que percorrerán os diferentes establecementos que acollerán sesións de lectura e debate, ás que se poderá incorporar de xeito espontáneo a cidadanía interesada.

Para pechar as actividades tamén se celebrará unha gala solidaria do Concello de Padrón, crearase unha guía de asociacións e entidades padronesas e realizaranse unhas xornadas profesionais sobre o voluntariado nas que participarán entidades e colectivos chegados de diferentes lugares de Galicia. Esta programación especial complementará o labor que se

está a desenvolver a través dos programas estables de sensibilización nos centros educativos, Voluntariado en saúde, Voluntariado medioambiental, Voluntariado en Igualdade, Club de Lectura en Valores, etc.

A celebración deste vixésimo aniversario vén acompañada dunha renovación da imaxe da Oficina Municipal de Voluntariado, que estrea logotipo e que ampliará a súa presenza nas redes a través da creación dun Blog e a apertura do Instagram, sumándose así ao labor de visibilización que xa está a realizar. O broche final da celebración terá lugar no mes de decembro cunha gran xuntanza conmemorativa, que se agarda que teña unha excelente acollida entre o voluntariado local.

Sobre a OMV de Padrón

A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Padrón é unha agrupación de voluntariado local, de implantación municipal, que ten 20 anos de traxectoria e conta actualmente con máis de 10 liñas de acción, nas que colaboran 30 persoas voluntarias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies