XXI Festa do Lacón con Grelos no Mesón do Vento

0

Ordes, 22 de febreiro do 2019 –  Esta fin de semana, 23 e 24 de febreiro, terá lugar a XXI Festa do Lacón con Grelos no Mesón do Vento, en Ordes.

É unha das principais celebracións do municipio do concello e na que cada ano congréganse milleiros de persoas para participar e disfrutar dun amplo e variado programa. Como non había ser doutro xeito o protagonista é o lacón con Grelos e este ano serán arredor duns 2.500 quilos os que se preparen de cara ao domingo.  

O recinto feiral abrirá as súas portas ás 10 horas albergando unha ampla mostra de gando e aves de raza autóctona, produtos do campo, artesanía, maquinaria agrícola, ademais dunha feira medieval.

A todo isto, o sábado, sumaráselle unha degustación de carne de cachena nos establecementos da zona a partir das 12 horas. Xa pola tarde, concretamente ás 16.30 horas, dará comezo a proba de agility canina e unha hora máis tarde o IV Encontro folclórico coa participación das agrupacións Sementes da Arte, Camiño Real de Poulo, Asociación Folclórico Cultural Veciños de Leira e as Pandeireteiras de Ardevento.

Xa de cara ao domingo ademais da degustación do prato protagonista da xornada haberá tamén unha mostra de cetrería, xuntanza cabalar e exhibición de vehículos 4X4. A partir das 11.30 horas terá lugar a primeira poxa de gando, e as probas de andadura e trote que se sucederán ata a tarde. Ademais, ás 12.30 horas, arrancará o concurso morfolóxico pura raza galega de eguas e cabalos. A xincana e a carreira de burros previstas para as 18 e 18.30 horas respectivamente porán o broche final a esta festa.

A XXI Festa do Lacón con Grelos está organizada polo Concello de Ordes e conta coa colaboración de Africor Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial