250 atletas participarán na XXII Carreira Popular do Concello de Ordes

0

Ordes, 9 de setembro do 2017 –  250 atletas de todas as idades participarán mañá domingo, 10 de setembro, na XXII Carreira Popular do Concello de Ordes.

Premiados na edición 2016 da Carreira Popular do concello de Ordes

Premiados na edición 2016 da Carreira Popular do concello de Ordes

As probas terán lugar a partir das 17 horas na alameda do concello. Trátase dunha das citas deportivas máis importantes de toda a provincia, na que cada ano se congregan atletas profesionais e afeccionados que deberán completar percorridos que van dende os 500 aos 9500 metros.

A organización da Carreira Popular do concello de Ordes ten previstos premios en metálico de 150, 100, 80 e 50 € para os tres primeiros clasificados segundo as categorías individuais, clubs federados e grupos do municipio. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros clasificados a partir da categoría benxamín, así como para os tres primeiros homes e mulleres das carreiras xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos. Ao podio tamén subirán os tres mellores tempos rexistrados polos atletas censados no municipio na proba absoluta, así como os participantes de maior e menor idade que completen o percorrido.

Para o rexistro e a correcta clasificación dos atletas participantes empregarase o sistema de cronometraxe da FGA. O Concello de Ordes porá á disposición das persoas participantes un servizo de duchas e vestiarios. Quen finalice o percorrido tamén recibirá avituallamento líquido e unha camiseta conmemorativa do evento.

Un ano máis o Concello de Ordes conta coa colaboración de importantes firmas comerciais da zona. Entre elas destacan Infantilandia, Cola Cao, Carnicería Enrique, Seguros Reale, asesoría Jaime Castro, Pazo Bidueiro, Feiraco, Eroski, Nocilla e froitería A Nova.

Cortes de tráfico

Durante toda a xornada, dende as 8 ata as 22 horas, a avenida Alfonso Senra permanecerá cortada ao tráfico. Ademais tampouco se poderá estacionar na rúa República Arxentina ata a confluencia coa rúa Nova.

Os vehículos con dirección a Santiago de Compostela deberán transitar pola rúa Rosalía de Castro, a rúa Paraíso e a rolda leste para volver enlazar coa estrada nacional. Os que vaian cara á Coruña deberán facelo pola rúa Lagartos para acceder á rolda leste e volver incorporarse á N 550.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies