займ срочно

O XXII Certame de Teatro Intercentros pasaran polo escenario do Teatro Principal

0

Compostela, 5 de maio do 2017 –  O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou o XXII Certame de Teatro Intercentros, que un ano máis se celebrará no Teatro Principal.

Ademais da función xa celebrada este 2 de maio, celebraranse outras os días 8 e 9 de maio para os centros de Secundaria, e o 15 de maio para os centros de Primaria.

O Certame de Teatro Intercentros, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística, segue ofrecendo a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato de Santiago e comarca a oportunidade de amosar ao público o traballo teatral realizado ao longo do curso nos centros escolares. Os preparativos do certame comezan ao principio do curso, no que se constitúen os grupos, se deciden as obras a interpretar, os vestiarios ou o decorado, e se ensaian as técnicas básicas da interpretación teatral.

Chegado maio, todas as obras son interpretadas no Teatro Principal nunhas funcións abertas ao público. O calendario abriuse este pasado 2 de maio coa posta en escena do grupo do IES Eduardo Pondal. O 8 de maio actuarán o grupo do IES Pontepedriña (11:00 h) e os dous grupos do IES Rosalía de Castro (17:00 e 20:00 h). Ao día seguinte, vez para o IES Arcebispo Xelmírez I (10:30 h), IES Antón Fraguas (12:30 h) e CPPI dos Dices de Rois (18:00 h).

Os catro grupos de teatro de Primaria desta edición actuarán na mañá do 15 de maio, arrancando as funcións ás 10:00 horas. Subirán ás táboas do Principal, sucesivamente, os alumnos e alumnas dos colexios Nosa Señora dos Remedios e San Jorge, do CEEPR Aspanaes e do CEIP de Prácticas López Ferreiro.

Todos os/as participantes neste certame reciben un diploma acreditativo. Ademais, a Concellaría de Educación e Cidadanía entrega un agasallo simbólico a cada centro escolar en recoñecemento ao seu traballo.

Na rolda de prensa o concelleiro Manuel Dios estivo acompañado da coordinadora do certame, Sagrario Torrado; do xefe do Departamento de Educación, Xosé M. Rodríguez-Abella; do director do grupo de teatro do IES Xelmírez I, Daniel Bahamonde; e da directora do grupo de teatro do CPI dos Dices de Rois, Dolores Santos. Integrantes destas dúas formacións teatrais tamén asistiron á comparecencia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies