займ срочно

XXII Festa da Troita de Oroso

0

Oroso, 2 de maio do 2018 – Un ano máis, e van 22, chega a Festa da Troita de Oroso, unha das tradicións gastronómicas no mes de maio na bisbarra de Compostela.

A Festa da Troita, declarada Festa de Interese Turístico Galego desde 2009, terá coma sempre moita música, actividades para os cativos, os concursos de pesca sen morte, e o tradicional xantar o domingo 13 de maio.

A primeira das citas será o venres co Festival Oroso en Vivo. Na alameda de Gois actuarán a Orquestra París e a Orquestra Ibiza. O sábado 12 dispútase de 9 da mañá a unha da tarde o Campionato de pesca de adultos. Desde as 11.30 e tamén ata as 13.00 horas haberá na Praza da Isaac Díaz Pardo obradoiros infantís. As doce inaugúrase a exposición Son de Campo mentres que a charanga Os Atrevidos pasea polas rúas.

De catro a oito da tarde continuará o campionato de pesca de adultos e as seis actuará a Asociación Folclórica Lembranzas do Tambre na Praza de Isaac Díaz Pardo,  ás sete e media farao a Asociación Cultural Néboas do Cumio e ás dez e media da noite, xa na Alameda, segunda xornada do Festival Oroso en Vivo coa Orquestra Panorama e a Orquestra Chanel.

O domingo día 13 é o reservado para o Campionato de pesca infantil de 9:00 a 13:00 horas. Mentres tanto a Festa da Troita disfruta do seu día grande, as 10:30 a Charanga Mekánika abre a xornada cun pasarúas. Ás 11:30 e ás 13:30 o Mago Romarís ofrece o seu espectáculo de ilusións ópticas na Praza de Isaac Díaz Pardo. As 12 do mediodía pasarúas e baile coa Asociación Folclórica Buxos Verdes na Alameda de Góis e arredores.

As 12:30 horas chega o momento da degustación de troitas en toda a vila nos seguintes establecementos colaboradores 

[columns]
[column size=”1/3″]ANBORE COFFEE BAR

BAR A RUTA

BAR BOQUETE

BAR FALMEGA

BAR FERNÁNDEZ

BAR GOROS

BAR NOVA XEIRA

BAR O CAMPO

BAR O CAZADOR

BAR XQ NO?

BAR RINCÓN DE MARÍA

BAR SIGÜEIRO

BAR TAPAS

CAFÉ BAR ÉBANO[/column]
[column size=”1/3″]CAFÉ BAR HAWAI´I

CAFÉ BAR O XARDÍN

CAFÉ BAR SIGÜ

CAFÉ BAR 1X2

CAFETERÍA CHE

CAFETERÍA D´VILA

CAFETERÍA 6 RÍOS

CAFETERÍA RESTAURANTE

VDA. DE NOUCHE

CERVECERÍA 1900

CERVECERÍA FOLK[/column]
[column size=”1/3″]MESÓN OS MADEIROS

MESÓN TAMBRE

O CAFÉ DE MANUELA

PARRILLADA CACHOPAL

PULPERÍA MESÓN AS RÍAS

RESTAURANTE A CANTINA

RESTAURANTE BALASAR

RESTAURANTE CORTÉS

RESTAURANTE OS MARIÑAOS

RESTAURANTE MIRÁS

SIGÜEIRO HOSTEL

VINOTECA RAQUEL[/column]
[/columns]

Ás 13:30 terá lugar o pregón popular e a entrega de premios e trofeos dos campionatos de pesca.

Ás 14: 15 horas comezará a sesión vermú na Alameda de Góis coa Orquestra Marbella e as 14:30 horas celébrase o tradicional xantar popular.ç

O domingo continúa pola tarde con novas actuacións da Caharanga Mekánika e o Mago Romarís e pola noite nova verbena a partir das sete e media coa Orquestra Marbella e Os Satélites, a unha hora pensada para que todo o mundo poida votar unha baila antes de que remate a fin de semana.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies