XXIII Xornadas arredor da Camelia

0

Vedra, 12 de febreiro do 2018 – Hoxe abre o prazo para participar en algunha das actividades das vixésimo terceiras Xornadas arredor da Camelia que terán lugar a final de mes en Vedra.

 A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra organiza cada ano as Xornadas arredor da Camelia e que teñen como espazo central o Pazo de Santa Cruz de Rivadulla. A cita é o día 25 e a Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, será a encargada da inauguración.

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para as visitas teatralizadas ao Pazo que terán lugar as 11 da mañá e as catro e media da tarde, unha iniciativa a cargo de Andaravía Teatro. O prezo da visita e de 5 euros e as inscricións teñen que realizarse no departamento de Cultura do concello, no teléfono 981 814 691.

A unha da tarde entregaranse os premios  e agasallos das mostras de flor e ornamentación. A continuación a música a porá o Coro de habaneras “Rocha Forte”. A actividade da mañá rematará cun viño galego.

Tras a visita teatralizada da tarde, a Escola de música de Santa Cruz de Rivadulla dará un concerto. A continuación entregaranse os premios do 18º Concurso de Pintura Infantil da Camelia, un galardón que pecha o prazo de presentación de orixinais o día 16 e cuxas bases se poden consultar aquí.

As seis e media antes de rematar as xornadas aínda haberá tempo para un espectáculo de clown e música  a cargo do Trío Refugallo.

As actividades arredor da Camelia non rematan o día das xornadas xa que o 10 de marzo organízase unha visita ao Pazo de Mariñán e o 15 de marzo unha charla co título “Iniciándonos no Té” que impartirá Carmen Salinero, presidenta da Asociación Española da Camelia.

Citas para non perderse e coñecer un pouco máis o mundo da Camelia, unha das xoias da bisbarra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial